Suscríbete a nuestro boletín

Autógrafos poéticos "(Rosalía de Castro)"

Autógrafos poéticos "(Rosalía de Castro)".

Autor/es

  • EAN: 9788497521543
  • ISBN: 978-84-9752-154-3
  • Editorial: FUNDACION PEDRO BARRIE DE LA MAZA
  • Colección: Clásicos da Academia
  • Encuadernación: Rústica
  • Medidas: 14 X 22 cm.
  • Páginas: 230

18,00 €

Disponible en 4-10 días

O volume "Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos", publicado pola Fundación Barrié e a Real Academia Galega na colección Clásicos da Academia, e editado polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega, recolle a totalidade dos testemuños manuscritos da obra poética rosaliana realizados do seu propio puño e letra. O volume iníciase cun estudo introdutorio, seguido dun inventario exhaustivo deses testemuños e da reprodución fotográfica de todos eles, acompañada de cadansúa transcrición, debidamente anotada; e remata cun apéndice en que o investigador Diego Rodríguez, bibliotecario da Fundación Barrié, ofrece a reprodución e transcrición dunha carta inédita de Manuel Murguía á súa esposa, datable arredor de 1880. Os manuscritos rosalianos proceden fundamentalmente do Arquivo Municipal da Coruña, do Arquivo da Deputación provincial da Coruña e do Arquivo da propia Real Academia Galega, aínda que tamén os hai procedentes das fondos Rosalía de Castro e Penzol e de arquivos particulares. En conxunto, os testemuños abranguen un período que vai desde 1860 aproximadamente ata 1885, e cobren todas as facetas da obra poética rosaliana, pois uns están relacionados coa súa obra inicial en galego, "Cantares Gallegos", outros con "Follas novas" (os menos), e bastantes deles con "En las orillas del Sar". É moi notable o grupo de poemas orixinais da autora pouco coñecidos, incluíndo o embrión dun libro titulado "Postrimerías", que nunca chegaría a rematarse. Tamén son moi interesantes os testemuños do seu labor como folclorista (recolla de coplas e cantares populares). Trátase, por tanto, dunha contribución novidosa e extraordinariamente importante ao coñecemento e o estudo da obra poética dunha figura central da poesía galega e española do século XIX.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y facilitar la navegación. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso.

aceptar más información