Suscríbete a nuestro boletín

Nos días encantados de agosto "Unha biografía de José Gil. Para unha historia do cinema en lingua galega"

Nos días encantados de agosto "Unha biografía de José Gil. Para unha historia do cinema en lingua galega".

Autor/es

  • EAN: 9788491519423
  • ISBN: 978-84-9151-942-3
  • Editorial: GALAXIA, EDITORIAL
  • Colección: Pantallas
  • Encuadernación: Rústica
  • Medidas: 14 X 21 cm.
  • Páginas: 474

26,00 €

Disponible

"Nos días encantados de agosto" é unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934. O seu labor pioneiro pode explicar o devalar de fitos fundacionais da nosa cinematografía: os comezos do pictorialismo, o reporteirismo fotográfico, o nacemento do cine ficcional e documental en Galicia, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cine industrial e turístico, a relación con Portugal, o cine educativo, etnográfico e científico e tantas outras achegas do cineasta de Rubiós (As Neves) a prol da exaltación do país que tanto amaba. Un home que tentou construír Galicia dende posicións de progreso e modernidade nunha sociedade que tardou demasiado tempo en comprender a transcendencia dun cinema propio e a necesidade de conservalo como patrimonio imprescindíbel do imaxinario colectivo.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y facilitar la navegación. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso.

aceptar más información