Suscríbete a nuestro boletín

O Benshi de Galicia "O arrebato cinematográfico de Rey Soto"

O Benshi de Galicia "O arrebato cinematográfico de Rey Soto".

Autor/es

  • EAN: 9788418567445
  • ISBN: 978-84-18567-44-5
  • Editorial: Alvarellos, Editorial
  • Colección: Oeste
  • Encuadernación: Rústica
  • Medidas: 13 X 23 cm.
  • Páginas: 230

19,50 €

Disponible en 4-10 días

"O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto" (Alvarellos Editora) de Manolo González, relata a insólita e descoñecida historia dun crego que foi tamén poeta, bibliófilo, bohemio, sedutor, visionario, sibarita e inaudito director de cine. Nos anos vinte chegaría a ser o que hoxe dariamos en chamar toda unha celebrity. En 1922 Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966) emprendeu un proxecto moi singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película "Un viaje a través de Galicia y Asturias" (hoxe, perdida). Con ela xirará por América en 1923. Posuído dunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuará, en cada proxección, narrando ao público --de emigrantes galegos, principalmente-- os contidos do seu filme, exercendo o papel dun verdadeiro «benshi», esa figura capital do cinema mudo xaponés, que explicaba a trama a unha audiencia moitas veces analfabeta. "O Benshi de Galicia", que está ilustrado con cen fotografías e documentos moi descoñecidos, descóbrenos a peripecia existencial dun home cuxa vida é realmente a trama dunha verdadeira película, na que por certo participa boa parte da intelectualidade galega de comezos do século XX

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y facilitar la navegación. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso.

aceptar más información