Suscríbete a nuestro boletín

Rosalía de Castro. A luz da ousadía

Rosalía de Castro. A luz da ousadía .

Autor/es

  • EAN: 9788484871590
  • ISBN: 978-84-8487-159-0
  • Editorial: Laiovento Edicions
  • Colección: Ensaio
  • Encuadernación: Rústica
  • Medidas: 14 X 21 cm.
  • Páginas: 126

12,00 €

Disponible en 4-10 días

<"Rosalía de Castro. A luz da ousadía" abre as portas ao coñecemento dun debate sobre a identidade, condición e capacidades das mulleres, central no século XIX, e que demostra até que ponto era importante, para o sistema e a súa estabilidade, truncar calquer arela de mudanza psicosocial e moral e reforzar, en troca, todos os mecanismos de suxeición da muller ao home, aos fillos, á casa e á moral conservadora reinante. É, o presente libro, fillo dunha leitura cordial, desprexuiciada e moi atenta da obra íntegra da nosa autora, tanto en verso como en prosa, acto necesario para unha comprensión cabal da súa cosmovisión, da súa ideoloxía, da aspiración á instauración dunha nova moral social e da consecución dun novo locus para as mulleres. Fica ela, Rosalía, liberada do esperpento (dos espellos cóncavos ou convexos que tantas veces a aqueloutraron), retratada conforme autoriza a súa elocuencia, a forza directa dos seus textos, moi ricos en significados explícitos, mais tamén en significados implícitos ou encubertos> (María Pilar García Negro).

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y facilitar la navegación. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso.

aceptar más información