Suscríbete a nuestro boletín

A nosa Negra

A nosa Negra.

Autor/es

  • EAN: 9788412259339
  • ISBN: 978-84-122593-3-9
  • Editorial: Hugin e Munin
  • Colección: Principal
  • Encuadernación: Rústica
  • Medidas: 14 X 20 cm.
  • Páginas: 122

14,00 €

De 4 a 10 días

"A nosa Negra", publicada orixinalmente en 1859, é unha das primeiras novelas da literatura estadounidense escrita por unha afroamericana. Limítrofe coa crónica autobiográfica, a obra narra a crúa vida de Frado, unha muller negra libre que, malia se criar nun estado non escravista do norte, foi vítima do racismo imperante; entronca, polo tanto, coa coñecida como narrativa da escravitude, xa existente en América do Norte dende o século XVIII. Se ben hoxe, grazas aos múltiples estudos, revisións e reedicións do texto (sobre todo a partir da década de 1980), é posible cualificalo de referencial, no momento da súa aparición non tivo unha boa acollida, en parte por pensarse que a obra ía destinada en exclusiva ao lectorado negro, e en parte por focalizar a denuncia non tanto no escravismo dos estados suristas coma no uso da indentured servitude (servidume non asalariada de corte colonial) como sustento económico do norte; isto é, o maltrato e abuso da poboación negra por parte da sociedade branca. Esta crítica explícita ao funcionamento económico do norte limitou, no mellor dos casos, a promoción da obra. Século e medio máis tarde, "A nosa Negra" considérase un texto imprescindible no ámbito das letras afroamericanas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y facilitar la navegación. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso.

aceptar más información