A parte fácil

Autor/es
- EAN: 9788411102575
- ISBN: 978-84-1110-257-5
- Editorial: Xerais de Galicia, Ediciones
- Año de la edición: 2023
- Colección: Milmanda
- Encuadernación: Rústica
- Medidas: 16 X 23 cm.
- Páginas: 144
17,50 €
De 4 a 10 díasAs personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis. Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.