Suscríbete a nuestro boletín

O clamor da rebeldía "Rosalía de Castro: ensaio e feminismo"

O clamor da rebeldía "Rosalía de Castro: ensaio e feminismo".

Autor/es

  • EAN: 9788487668609
  • ISBN: 978-84-87668-60-9
  • Editorial: Fundación Rosalía de Castro
  • Colección: Anexo da Revista Follas novas
  • Encuadernación: Rústica
  • Medidas: 17 X 20 cm.
  • Páginas: 180

15,00 €

Disponible en 4-10 días

Rosalía de Castro (1837-1885) é a escritora que inaugura o ensaio, como xénero literario, na literatura galega contemporánea. Así o certifican as súas introducións a "Cantares gallegos" (1863) e a "Follas novas" (1880), que son moito máis do que prólogos ao uso. Tal innovación reforza o carácter profundamente intelectual e premeditado dunha obra literaria que se pensa e se explica a si mesma e que a autora coloca a pé feito ao servizo da patria galega e da lingua galega. Igualmente brilla o seu papel pioneiro no espertar dunha conciencia de xénero que se revela, lúcida e recorrente, na reflexión profunda e avanzada sobre o ser muller, a apoloxía das súas conxéneres e a solidariedade coas duplas vítimas do sistema, por mulleres e por galegas. É, sen dúbida, a primeira feminista da nación galega. son elocuentes, personalidade e obra, dunha sintonía non casual: a que eleva a lingua abaixada do seu pobo, en alianza coa defensa das mulleres e da nación mesma. Expresará como ningún outro autor do seu tempo a apoteose da subordinación e, asemade, o clamor da rebeldía.

Otros libros del mismo autor

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y facilitar la navegación. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso.

aceptar más información