Suscríbete a nuestro boletín

O Códice esmeralda

O Códice esmeralda.

Autor/es

  • EAN: 9788491211594
  • ISBN: 978-84-9121-159-4
  • Editorial: Xerais de Galicia, Ediciones
  • Colección: Narrativa
  • Encuadernación: Rústica
  • Medidas: 15 X 22 cm.
  • Páginas: 424

22,95 €

De 4 a 10 días

O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño enigma que deberían resolver os seus sucesores. A busca das claves para esclarecer o misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventura sorprendente na que vai descubrindo a recóndita personalidade do seu devanceiro, envolta en novos enigmas. Mais ao protagonista asáltano uns estraños soños simbólicos que se entrelazan coa realidade e cun mundo que descoñece, creándolle unha enorme confusión que o impulsa a afondar máis na investigación. Emporiso, o que busca Xacobe, axudado polo seu amigo Elphi, é en realidade un antigo códice maia, gardián dun arcano marabilloso, que os levará a desprazarse por toda a Ría de Vigo percorrendo un camiño iniciático no que irá sacando as capas de cebola que ocultan a realidade. Trepidante novela de intriga, "O Códice esmeralda" supón un engaiolante achegamento á historia da batalle de Rande, un dos episodios galegos nos que cómpre afondar.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y facilitar la navegación. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso.

aceptar más información