O lapis do carpinteiro

Autor/es
- EAN: 9788483022610
- ISBN: 978-84-8302-261-0
- Editorial: Xerais de Galicia, Ediciones
- Año de la edición: 2021
- Colección: Narrativa
- Encuadernación: Rústica
- Medidas: 14 X 22 cm.
- Páginas: 152
19,50 €
De 4 a 10 días"O lapis do carpinteiro" é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. "O lapis do carpinteiro" é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.