O único que queda é o amor

Autor/es
- EAN: 9788497826280
- ISBN: 978-84-9782-628-0
- Editorial: Xerais de Galicia, Ediciones
- Año de la edición: 2007
- Colección: A letra dormente
- Encuadernación: Cartoné
- Medidas: 14 X 21 cm.
- Páginas: 176
14,25 €
De 4 a 10 díasHai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, "na vida o único que queda é o amor". E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.