Os fillos do lume
![Os fillos do lume.](/static/img/portadas/_visd_0000JPG02535.jpg)
Autor/es
- EAN: 9788491212317
- ISBN: 978-84-9121-231-7
- Editorial: Xerais de Galicia, Ediciones
- Año de la edición: 2022
- Colección: Narrativa
- Encuadernación: Rústica
- Medidas: 15 X 22 cm.
- Páginas: 500
23,95 €
De 4 a 10 díasPoucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos.Regresan os personaxes de "Os fillos do mar", a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.