Rosalía de Castro. A luz da ousadía

Autor/es
- EAN: 9788484871590
- ISBN: 978-84-8487-159-0
- Editorial: Laiovento Edicions
- Año de la edición: 2009
- Colección: Ensaio
- Encuadernación: Rústica
- Medidas: 14 X 21 cm.
- Páginas: 126
12,00 €
De 4 a 10 días<"Rosalía de Castro. A luz da ousadía" abre as portas ao coñecemento dun debate sobre a identidade, condición e capacidades das mulleres, central no século XIX, e que demostra até que ponto era importante, para o sistema e a súa estabilidade, truncar calquer arela de mudanza psicosocial e moral e reforzar, en troca, todos os mecanismos de suxeición da muller ao home, aos fillos, á casa e á moral conservadora reinante. É, o presente libro, fillo dunha leitura cordial, desprexuiciada e moi atenta da obra íntegra da nosa autora, tanto en verso como en prosa, acto necesario para unha comprensión cabal da súa cosmovisión, da súa ideoloxía, da aspiración á instauración dunha nova moral social e da consecución dun novo locus para as mulleres. Fica ela, Rosalía, liberada do esperpento (dos espellos cóncavos ou convexos que tantas veces a aqueloutraron), retratada conforme autoriza a súa elocuencia, a forza directa dos seus textos, moi ricos en significados explícitos, mais tamén en significados implícitos ou encubertos> (María Pilar García Negro).