Rosalía de Castro na Real Academia Galega

Autor/es
- EAN: 9788487668234
- ISBN: 978-84-87668-23-4
- Editorial: Fundación Rosalía de Castro
- Año de la edición: 2006
- Colección: Arredor de Rosalía
- Encuadernación: Rústica
- Medidas: 17 X 24 cm.
- Páginas: 0
10,40 €
De 4 a 10 díasNon se pode facer a historia do rosalianismo sen termos en conta, moi en conta, certos discursos de ingreso na Real Academia Galega. Uns céntranse na vida ou na obra de Rosalía e outros fan incursións nalgunha das súas facetas. Tres, polo menos, son capítulos fundamentais da crítica rosaliana: o de Otero Pedrayo (1929), modelo de interpretación conmovedora; o de Carballo Calero (1958), modelo de erudición esclarecedora, e o de Luz Pozo Garza (1996), un singular ensaio poético no que a autora se nos revela como unha gran rosalióloga, mellor aínda, como alguén que escribe sobre a vida e a poesía de Rosalía de Castro desde o seu mesmo "logos". Nesta ocasión limitámonos a ofrecer páxinas dos discursos de nove académicos lidos, de 1907 a 1996, nas correspondentes sesións de ingreso. Deste xeito, a Fundación Rosalía de Castro homenaxea á Real Academia Galega no ano do seu centenario.