Tempo de elexía "(Edición bilingüe - Incluye CD con recital inédito de 1982)"

Autor/es
- EAN: 9788489323384
- ISBN: 978-84-89323-38-4
- Editorial: Alvarellos, Editorial
- Año de la edición: 2010
- Colección: Rescate
- Encuadernación: Cartoné
- Medidas: 13 X 21 cm.
- Páginas: 124
20,00 €
De 4 a 10 díasLibro+CD dun dos poetas galegos máis destacados de todos os tempos, no ano no que Galicia lle dedica o Día das Letras Galegas. Uxío Novoneyra alcanza, con "Tempo de elexía" (o seu segundo libro) o cumio da súa creatividade e inspiración. Versos que, en palabras do autor, 'buscan os estados límite do Home diante do Amor e a Morte, a angustia e a distancia interior'. Presentamos unha edición bilingüe que retoma o espírito da primeira publicación desta obra (Madrid, 1966), con tradución ao castelán do propio Uxío Novoneyra, e aportamos, a modo de limiar, unha 'Autopoética' na que o autor reflexiona sobre a súas elexías. O CD que acompaña ao libro inclúe o recital inédito e íntegro que o poeta ofreceu en Lugo, no Instituto Lucus Augusti, en 1982. Unha oportunidade nova de escoitar a voz auténtica, enérxica e plena de matices do gran 'dicidor' das nosas Letras. » escoita o comezo do recital inédito de 1982