As malas mulleres

Autor/es
- EAN: 9788491515975
- ISBN: 978-84-9151-597-5
- Editorial: GALAXIA, EDITORIAL
- Año de la edición: 2022
- Colección: Literaria
- Encuadernación: Rústica
- Medidas: 14 X 21 cm.
- Páginas: 250
21,95 €
De 4 a 10 díasA través das páxinas de "As malas mulleres", asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do 'mudo coro das malas mulleres', que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais. A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas. Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.