Hemingway en Galicia
              
            Autor/es
- EAN: 9788482883175
 - ISBN: 978-84-8288-317-5
 - Editorial: GALAXIA, EDITORIAL
 - Año de la edición: 1999
 - Encuadernación: Cartoné
 - Medidas: 18 X 22 cm.
 - Páginas: 99
 
18,55 €
De 4 a 10 díasVelaquí un libro que é a crónica dunha experiencia persoal e a especial homenaxe que Carlos Casares lle rende ao grande escritor norteamericano. Seguindo a pegada das referencias que Hemingway facía a Galicia en textos literarios e cartas 'froito das súas visitas entre os anos 1921 e 1933', Casares busca descifrar o misterio que se esconde detrás daquelas alusións. O resultado é un relato sorprendente escrito coa prosa amena e precisa de Carlos Casares e ilustrado con numerosas fotografías da época. Este libro de capa dura inclúe tamén as cartas de Hemingway nas que se refire a Galicia.
