Merlín e familia "I outras historias"
Autor/es
- EAN: 9788482886374
- ISBN: 978-84-8288-637-4
- Editorial: GALAXIA, EDITORIAL
- Año de la edición: 2020
- Colección: Biblioteca Álvaro Cunqueiro
- Encuadernación: Rústica
- Medidas: 14 X 21 cm.
- Páginas: 146
16,55 €
De 4 a 10 díasPublicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián.