Nos días encantados de agosto "Unha biografía de José Gil. Para unha historia do cinema en lingua galega"

Autor/es
- EAN: 9788491519423
- ISBN: 978-84-9151-942-3
- Editorial: GALAXIA, EDITORIAL
- Año de la edición: 2022
- Colección: Pantallas
- Encuadernación: Rústica
- Medidas: 14 X 21 cm.
- Páginas: 474
26,00 €
De 4 a 10 días"Nos días encantados de agosto" é unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934. O seu labor pioneiro pode explicar o devalar de fitos fundacionais da nosa cinematografía: os comezos do pictorialismo, o reporteirismo fotográfico, o nacemento do cine ficcional e documental en Galicia, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cine industrial e turístico, a relación con Portugal, o cine educativo, etnográfico e científico e tantas outras achegas do cineasta de Rubiós (As Neves) a prol da exaltación do país que tanto amaba. Un home que tentou construír Galicia dende posicións de progreso e modernidade nunha sociedade que tardou demasiado tempo en comprender a transcendencia dun cinema propio e a necesidade de conservalo como patrimonio imprescindíbel do imaxinario colectivo.